lunes, 22 de junio de 2020

CHEGARON AS VACACIÓNS!

Logo deste curso tan diferente e difícil, por fin chegaron as vacacións de verán.
Agora xa tedes un merecido descanso despois de todo o que traballáchedes. As mestras de 3º estamos MOI ORGULLOSAS porque nunca vos rendestes.
Así que so nos queda darvos as GRAZAS:
GRAZAS polas aventuras, as risas e as aprendizaxes que xuntos vivimos na aula e fóra dela.
GRAZAS polo traballo que fixéchedes durante estes últimos meses, somos moi conscientes que foi unha situación moi estraña para todos e todas e que non foi sinxelo para ninguén.
AGRADECERVOS tamén o gran esforzo que tivéchedes que facer para levar a cabo cada unha das tarefas propostas e a vosa implicación en todas e cada unha delas.
Terceiro remata pero non esquezades que ...

CUARTO AGARDA POR VÓS!


0 comentarios:

Publicar un comentario